Adán/Eva, Piolín/Silvestre, Batman/Robin, Dalí/Lorca, R2D2/C3PO, Bonnie/Clyde,Romeo/Julieta, Jagger/Richards, Thelma/Lois
Cal é a túa parella favorita da historia?
Esta pregunta é a base da campaña da San Valentín da ABE que dende o 7 ao 14 de febreiro estará en marcha e que busca atopar cal é a parella favorita da historia para os clientes dos negocios asociados a ABE.
Para participar soamente hai que entrar no facebook ou instagram da ABE e buscar o post do concurso onde debes comentar a publicación indicando a túa parella favorita.
Entre todos os participantes sortearemos un vale de 100 € para utilizar en calquera dos 101 establecementos participantes na campaña (comercio, hostalería e servizos)
Así mesmo, ao longo da campaña, iremos coñecendo a través das nosas redes sociais información e curiosidades das parellas mais famosas da historia como por exemplo:
Piolín/Silvestre
Sabiades que silvestre é o personaxe que máis veces morreu de todos os Looney Toons?
Bonnie/Clyde
Bonnie tiña unha tatuaxe co seu nome e o do seu marido no xeonllo.
Clyde foi acusado na adolescencia de roubar un camión cheo de pavos.
Bonnie quería ser actriz e Clyde músico. Seu saxofón estaba no automóbil cando os capturaron.
Jagger/Richards
Mick Jagger coñeceu a Keith Richards cando tiña 4 años de idade, cursaron primaria xuntos e ata hoxe levan escritas máis de 200 cancións.
Richards estivo a punto de morrer nun par de ocasións. Hitler provocou un bombardeo en Londres en 1944 onde el estaba, foi electrocutado por un micrófono no ano 1965, foi vítima dun incendio na súa cama en 1971 e unha árbore case lle abre a cabeza alá por 2006.
A información da campaña está nos establecementos participantes, na web e redes sociais da ABE e os post os podedes localizar facilmente co hagstag #parellasilustres
Consulta as Bases da Campaña