Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
MORRIÑA GAÑADORA

A ABE en colaboración coa Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas puxo en marcha a campaña "A MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN", na que un total de 27 centros comerciais abertos da nosa comunidade autónoma, e de forma conxunta, pretenderon premiar a fidelidade dos seus clientes e recordarlles que o comercio local de boiro e Galicia está sempre ao seu carón, coma en momentos tan difíciles para todos como o que estamos vivindo con motivo do COVID 19.

A participación na campaña, foi moi sinxela xa que @s interesad@s  só tiñan que facer un comentario indicando que era o que máis botaban de menos do comercio de proximidade, no post do concurso dentro do facebook da Asociación Galega de Xerencia e compartir dita campaña, desta maneira as/os participantes, entraron no sorteo de 27 vales de compra por valor de 50 euros (1.350 euros en total), que se poderán gastar nos establecementos asociados unha vez finalice o confinamento por motivo do COVID 19 e volvamos á normalidade.

Unha vez finalizado o prazo para poder participar, as xerencias dos Centros Comerciais Abertos, están moi satisfeitas cos resultados da campaña, xa que tivo un alcance de 40.000 persoas. No caso de Boiro, os comentarios representaron mais do 10% do total no concurso.

Neste caso, Lidia Belles seguinte publicación:

O que mais boto de menos é poder gastar o diñeiro con saúde e alegría, mercar agasallos para familiares e amigos/as. Concello de Boiro”, foi a gañadora tralo sorteo efectuado este mediodía e despois de comprobar que cumplía os requisitos do concurso.

Pese ao confinamento ao que se ven sometidos @s xerentes de ditos CCAS, seguen prestando os seus servizos ao comercio local atendendo dúbidas e informando aos seus asociados en todo momento. Ao mesmo tempo intercambian informacións e ideas entre eles, e froito das mesmas xurdiu esta primeira campaña conxunta.