Xa temos os gañadores dos premios da primeira semana da campaña de nadal da ABE na que participan todos os socios da patronal.
En canto os rexistros foi un record absoluto dende que utilizamos a aplicación da web da ABE xa que foron 425 os clientes que rexistraron os seus tíckets ou facturas.
Recordar que o vindeiro luns 20 será o segundo sorteo, tamén de 5 premios de 100 €.
A entrega dos premios realizarase todos xuntos ao final da campaña.
O calendario de sorteos é o seguinte:
Sorteo 1 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 4 ao 12 de decembro >> sorteo o 13 de decembro
Sorteo 2 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 13 ao 19 de decembro >> sorteo o 20 de decembro
Sorteo 3 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 20 ao 26 de decembro >> sorteo o 27 de decembro
Sorteo 4 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 27 de decembro ao 2 de xaneiro >> sorteo o 3 de xaneiro
Sorteo 5 – 1.000€ ( 1 premios de 1.000 €)
Rexistros do 3 ao 9 de xaneiro >> sorteo o 10 de xaneiro
Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos 190 socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal