Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

Unha delegación da CEC, encabezada polo seu presidente, Antonio Fontenla, visitou o municipio e pudo coñecer o polígono de Espiñeira e as instalacións de Jealsa en O Bodión

Boiro 29 de Abril de 2022.

Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC) mostrou o seu apoio ao Concello de Boiro para incrementar a dotación do chan empresarial e industrial no municipio. Así llo trasladou este venres o presidente da  entidade, Antonio Fontenla, ao alcalde boirense, José Ramón Romero, no marco dunha visita dunha delegación de directivos e empresarios da CEC á localidade barbanzana.

Fontenla destacou o dinamismo empresarial do concello e manifestou que «la dotación de nuevo suelo industrial y empresarial es una necesidad más que justificada a la que debe darse una respuesta positiva y ágil desde las Administraciones».

O presidente da Confederación coruñesa repasou as cifras económicas do municipio, entre os 25 con maior PIB de Galicia, cos servizos e a industria —que representa unha cuarta parte do seu valor añadido bruto, atribuible principalmente á cadena mar-industra— como grandes motores para a xeración de riqueza e creación de emprego.

«Boiro cuenta con una economía fuerte que apunta a un crecimiento sostenido en los próximos años. Y ese crecimiento es algo que hemos de mimar tanto desde las Administraciones como desde las instituciones empresariales, acompañándolo con el máximo apoyo», destacou Fontenla.

Visita a Espiñeira

Os membros da CEC, co alcalde e representantes da Asociación Boirense de Empresarios, visitaron o polígono de Espiñeira, onde a totalidade de chan está ocupado e non poden atenderse xa solicitudes de parcelas para a instalación de novas actividades que está recibindo o Concello. «Atraer emprendedores, empresas e industrias es algo tremendamente difícil, y tiene tres condicionantes claves: la disponibilidad de suelo con infraestructuras y servicios adecuados, la agilidad en los trámites burocráticos y la seguridad jurídica», señalou o presidente da CEC.

Para dar resposta á primeira de estas necesidades, Antonio Fontenla reclamou unha solución que pase «bien por la ampliación del polígono actual, bien por la creación de uno nuevo». En canto á axilidade das tramitacións, confía en que a futura Lei de Áreas Empresariales de Galicia, que este xoves aprobou o Consello da Xunta, supoña un novo marco normativo que acorte os prazos para dispoñer de chan no que instalar novas actividades económicas.

No relativo á seguridade xurídica, Fontenla non quixo deixar de mencionar a amenaza permanente para a cadena mar-industria que supón a modificación do reglamento de Costas, que «vulnera dereitos consolidados de máis de duascentas empresas galegas» con instalacións situadas no dominio público marítimo-terrestre: «La CEC no dejará de ser altavoz de las demandas de las firmas afectadas», sentenciou.

Por su parte, José Ramón Romero agradeceu ó presidente da Confederación coruñesa e a todos os asistentes a súa implicación, e fixo especial mención á importancia que o tecido empresarial e a industria teñen na localidade boirense: «A alta demanda de chan industrial para a creación de novas empresas é un indicador de que Boiro é un municipio con moito potencial a nivel económico e empresarial. É obriga do Concello atender estas necesidades para seguir xerando oportunidades e emprego».

Durante a xornada, tamén se visitaron as instalaciones do Centro de Formación e Viveiro de Empresas, que dispoñen de espazo coworking e salas de formación polas que cada ano pasan unhas 300 personas. «Estamos levando a cabo un Programa Integrado de Emprego, un obradoiro de xestión forestal e tamén cusos AFD. Dende o goberno local realizamos unha forta aposta pola formación para o emprego», afirmó Romero.

Por último, a delegación da CEC visitou as instalacións da firma Jealsa no O Bodión para coñecer de primeira man o plan estratéxico de inversións da compañía e as novas instalacións desta planta.