Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 O PACTO POLA "GENERACIÓN D"  DO CAL A ABE FORMA PARTE LEVA A CABO UNHA CAMPAÑA ITINERANTE QUE IMPULSA

O DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS DIXITAIS ENTRE A CIDADANÍA.

 

ESTA CAMPAÑA ITINERANTE ESTARÁ EN BOIRO 

OS DÍAS 21,22 E 23 DE XUÑO NA PRAZA DO CONCELLO.

 

 Seis autobuses percorrerán España con xogos e actividades que permitirán afondar á cidadanía nas súas habilidades dixitais, sacarlles partido e coñecer novas ferramentas que lle axudasen a melloralas.

 

A partir de mañán Mércores 21, Xoves 22 e Venres 23  de xuño o espazo itinerante “Únete a la Generación D’, cada día somos más”   visitará Boiro, esta campaña entra dentro do catálogo de actuacións en materia de competencias dixitais do PACTO POLA GENERACIÓN D, do cal A ABE FORMA PARTE.


O espazo itinerante estará situado diante do Concello e pode acudir calquera persoa que este interesada en mellorar as súas competencias dixitais. Esta experiencia ofrece aos usuarios multitude de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das súas competencias dixitais, aplicable a todos os ámbitos da vida tanto laborais como persoais. 

 

Os asistentes recibirán orientación e recursos de mellora no relativo por exemplo a búsquedas en internet, redes sociais, ciberseguridade, xestións en liña, etc...

 

A unidade móbil está equipada con tecnoloxía inmersiva que convida a participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais. Unha experiencia que se axustará ás necesidades de cada usuario.  

 

Comeza cun test autodiagnóstico que  permitirá coñecer o nivel de cada un en competencias dixitais, con estes resultados os participantes enfrontaranse a xogos e actividades do máis variados e de todos os niveis: dende aprender a realizar unha procura óptima na Internet ata fuxir das fake news, optimizar o uso das súas redes sociais ou xestionar a súa identidade dixital.

 

Estes resultados tamén serven para personalizar a experiencia e poñer á disposición dos asistentes multitude de cursos, formacións ou obradoiros que se celebrarán noutras ocasións nas entidades adheridas ó pacto pola generación D, como é o caso de ABE, e cos cales se poidan fortalecer os coñecementos en competencias dixitais.

 

A quen vai dirixido?

Os obradoiros, xogos e actividades están pensados para que toda a cidadanía participe na experiencia, con especial atención a desempregados, mulleres maiores de 45 anos, séniors… Intentado romper coa fenda dixital.

A experiencia é totalmente GRATUÍTA e ten unha duración aproximada duns 30-40 minutos.

 

 As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza a través de www.abe.gal