Tras case dous anos de parón obrigado pola covid19, a ABE volve a organizar unha edición especial da NOITE ABERTA este sábado 5 de xuño no que os ingredientes fundamentais serán os descontos, actividades na rúa e sorteos de agasallos.
Coma sempre os comercios ofrecerán importantes descontos durante toda a xornada e abrirán ata as 23:00 da noite.
Recordar que ademais dos descontos os clientes podes descargar o bono activa comercio da Xunta de Galicia co que terán ata 30 € adicionais de desconto nas súas compras.
Animación de rúa
Durante toda a xornada o concello de Boiro programará actividades de animación itinerante polas rúas comerciais da vila co seguinte detalle:
ESPECTÁCULO: TROULA ANIMACIÓN – HAKUNA MATATA
HORARIO: 11:30 -13:30 hs
ESPECTÁCULO: CÉ ORQUESTRA PANTASMA
HORARIO: 19:00 -20:30 hs
ESPECTÁCULO: TROULA ANIMACIÓN – FUNKY BROTHERS
HORARIO: 21:00 – 23:00 hs
Sorteos de 250€ en vales de compra
A ABE pon en marcha dous sorteos con motivo da Noite Aberta.
O primeiro será nas redes sociais da asociación no que se premiará a un dos seguidores cun vale de 50€ (mais info nas redes sociais de BOIRO ABERTO)
O segundo será entre todas as compras realizadas na Noite Aberta entre as que sortearemos 4 vales de 50 € para o que estreamos aplicación web de sorteos.
Consulta os descontos e actividades premendo aquí