Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
campaña nadal

O martes 11 de decembro comeza a campaña de Nadal da ABE que ven cargada de novidades para os clientes e visitantes que teñan a ben realizar as súas compras de Nadal nos comercios Boirenses.

A campaña consta de tres partes diferenciadas que son; o tradicional sorteo de vales de compra, sorteo cos carta dos reis magos e animación infantil.  

Campaña vales de compra

Entre o 11 de decembro e o 5 de xaneiro os 40 comercios participantes entregarán rifas aos clientes por cada 10 € de compra para que participen no sorteo de 2.000 € en vales de compra.

Os premios están divididos en 8 x 250 € que os agraciados poderán utilizar en calquera dos comercios participantes.

As rifan son numeradas para evitar que o cliente teña que cubrilas e o sorteo terá lugar o xoves 10 de xaneiro ás 12:00 na sede da ABE.

O listado de gañadores farase público ese mesmo día a través da páxina web www.abe.gal e dos comercios participantes.

Os agraciados e suplentes deben identificarse antes do 21 de xaneiro nas oficinas da ABE.

Carta aos reis Magos

Cada comercio participante, terá no seu establecemento, un lote de cartas para que os nenos escriban aos Reis Magos e unha urna para que as poidan depositar.

@s cativ@s deben escribilas e deixalas nas caixas habilitadas  nos negocios. (Poden usar as que reparte a ABE ou unha calquera outra elaborada por eles, eso sí, para entrar no sorteo debe constar nelas nome d@ nen@, pai/nai/titor e un teléfono de contacto). ENTRE TODAS AS QUE SE DEPOSITEN NAS URNAS SORTEAREMOS UNHA CONSOLA NINTENDO 2DS.

Animación comercial

Visita de Papa e Mamá Noel + Rei mago e Paxe real aos comercios repartindo caramelos e interactuando cos clientes. A ABE editou un cartel coas datas e horas nas que pasará polos comercios participantes. (Ver cartel para mais detalle)

 

Consulta as bases da campaña